O Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo convoca o X CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL, co patrocinio de BIDAFARMA.

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo convoca o X CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL, co patrocinio da distribución BIDAFARMA, e de acordo coas seguintes bases:

  1. Obxectivo: O obxectivo deste concurso é achegar a Oficina de Farmacia á poboación infantil e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade nos máis pequenos.

  2. Participantes: Poden participar todos os nenos e nenas de Educación Primaria (6-12 anos) da provincia de Lugo.

  3. Temática: A temática de cada traballo deberá ser “O Nadal e a Oficina de Farmacia”.

  4. Condicións da participación: Cada autor/a poderá presentar cantos debuxos desexe. Os debuxos deberán ser inéditos. Cada traballo non poderá levar firma e irá acompañado dunha folla onde se indique o nome e apelidos do autor/a, a idade, o seu enderezo, o teléfono de contacto e curso que está a facer, esta folla meterase nun sobre en branco e pechado. A súa vez este sobre cos datos persoais e o/s traballo/s meteranse noutro sobre.

  5. Formato e presentación: Cada debuxo terá unha extensión preferiblemente de media folla Din A4 (tamaño cuartilla), en orientación horizontal. Os traballos pódense presentar en calquera Oficina de Farmacia da provincia de Lugo.

  6. Prazo de presentación: O prazo de presentación dos debuxos comeza o día 30 de outubro e rematará o día 30 de novembro de 2022.

  7. Xurado: O xurado será designado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo. O fallo do xurado farase público o día 5 de decembro na páxina web Colexial www.coflugo.org, e comunicarase persoalmente ao gañador/a. A elección do debuxo gañador non será recorrible e non se aceptarán reclamacións.

  8. Premios: So haberá un debuxo premiado. O premio entregarase ao gañador/a no Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, sito na rúa Ramón y Cajal, nº2 2º polo Presidente do mesmo e consistirá nun diploma acreditativo e un agasallo. O debuxo gañador converterase na postal de felicitación do Colexio Farmacéutico, e expoñerase na páxina web Colexial www.coflugo.erg e así mesmo poderase difundir noutros medios de comunicación.

  9. Cesión de dereitos de autor: O Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo adquire os dereitos de reprodución, explotación e exposición dos debuxos que se presentan a concurso.

Esta web usa cookies propias y de terceros para ofrecer un mejor servicio y hacer estadísticas de datos de uso. Acéptalas antes de seguir navegando para poder disfrutar de todos sus contenidos con plena funcionalidad. Si quieres más información o modificar su configuración, visita nuestra Política de Cookies.